Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain
Posted by: Groundspeak Regular Member razalas
N 42° 52.832 W 008° 32.721
29T E 537129 N 4747648
The facade of the Obradoiro is the main facade of the Cathedral of Santiago de Compostela.
Waymark Code: WMNZFP
Location: Galicia, Spain
Date Posted: 05/29/2015
Published By:Groundspeak Premium Member veritas vita
Views: 10

[Galego]
"A fachada do Obradoiro é a fachada principal, orientada ó Oeste, da Catedral de Santiago de Compostela, resultado de sucesivas modificacións sobre a construción orixinal desde os séculos XVI e XVII e rematada por Fernando de Casas Novoa entre 1738 e 1750.

A fachada converteuse no símbolo da catedral e da cidade de Santiago de Compostela.

Cando o Mestre Mateo construiu o Pórtico, a fachada da Basílica estaba formada por tres arcos (amplo o central e menores os dos lados) e pechada por dúas torres cuadrangulares, que hoxe forman os corpos inferiores das torres actuais. A fachada de Mateo conservou a súa estrutura orixinal ata a primeira metade do século XVI, cando se pechou o templo con dúas grandes portas. A torre sur foi reforzada nos séculos XV, XVI e XVII, e sobre ela ergueu José Peña de Toro a actual torre barroca (no XVII).

Grazas a un debuxo de José Vega y Verdugo datado en 1657 coñécese como era a fachada medieval, antes da reforma de Casas Novoa no XVIII. Un dos elementos característicos daquela é un gran rosetón no remate do corpo central. Cando Casas Novoa desmontou a fachada, en 1738, o rosetón desapareceu, ata que no século XX Chamoso Lamas atopou varios fragmentos cos que realizou unha reconstrución parcial, grazas ó devandito debuxo da fachada de Vega y Verdugo. Esta reconstrución exponse actualmente no Museo da Catedral.

Casas Novoa construiu a fachada central, a torre sur, á esquerda, e a galería arcebispal a xogo coa que, como contraforte, existía baixo a torre sur. As esculturas da fachada son obra de Gregorio Fernández, Antonio Vaamonde, Gambino e outros; a policromía débese a García Bouzas.

As obras remataron en febreiro de 1750 e inaugurada con grandes fastos. Nesa altura, o arquitecto xa morrera (o 25 de novembro do ano anterior), e fora sepultado na Capela do Espírito Santo, no interior da Catedral."

From: (visit link)


[EN]
"The facade of the Obradoiro is the main facade, oriented to the West, of the Cathedral of Santiago de Compostela, a result of successive modifications on the original building from the sixteenth and seventeenth centuries and finished off by Fernando de Casas Novoa between 1738 and 1750.

The facade became the symbol of the cathedral and the city of Santiago de Compostela."

Translated from: (visit link)
Wikipedia Url: [Web Link]

Visit Instructions:
To post a visit log to this waymark you need to visit and write about the actual physical location. Any pictures you take at the location would be great, as well.
Search for...
Geocaching.com Google Map
Google Maps
MapQuest
Bing Maps
Nearest Waymarks
Nearest Wikipedia Entries
Nearest Geocaches
Create a scavenger hunt using this waymark as the center point
Recent Visits/Logs:
Date Logged Log User Rating  
xeocach visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 04/24/2023 xeocach visited it
GURUGU visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 04/07/2023 GURUGU visited it
MeryJiko visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 04/01/2023 MeryJiko visited it
BeayPepe visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 01/16/2023 BeayPepe visited it
Ariberna visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 01/25/2020 Ariberna visited it
Mochito on Tour visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 03/29/2019 Mochito on Tour visited it
dzeih visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 04/30/2018 dzeih visited it
LeBourguignon visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 08/09/2016 LeBourguignon visited it
SpeedCity visited Fachada do Obradoiro - Santiago de Compostela, Spain 07/11/2015 SpeedCity visited it

View all visits/logs