Igrexa Parroquial de Santa María - Muxía, SP
Posted by: Groundspeak Regular Member razalas
N 43° 06.512 W 009° 13.027
29T E 482334 N 4772890
Under of Mount Corpiño and on a rock, in the extreme north of the village of Muxia, lies the parish church of Santa Maria Muxia.
Waymark Code: WMN11Y
Location: Galicia, Spain
Date Posted: 12/05/2014
Published By:Groundspeak Premium Member Dorcadion Team
Views: 3

"Ao abeiro do Monte Corpiño e sobre unhas rochas, no extremo norte da vila de Muxía, sitúase a igrexa parroquial de Santa María de Muxía. Son poucos os datos que se teñen sobre a orixe deste fermoso templo. Sabemos que no ano 1203 foi doada polo Papa Inocencio III, con todas as súas pertenzas, ao mosteiro cisterciense de Carracedo (O Bierzo).

Pertence esta igrexa, a igual que moitas outras galegas, a un estilo románico de transición, formada por unha soa nave, con cuberta de madeira e dividida en tres treitos por dous arcos apuntados que se apoian en columnas adosadas ós muros laterais.
O ábside é de forma rectangular, accedéndose a el a través dun arco triunfal apuntado, apoiado, a igual que os outros tres que treman da bóveda, sobre semicolumnas todas elas rematadas en capiteis adornados con distintos motivos.

A porta principal da igrexa, que da ao antigo camiño que conducía ao Santuario da Barca, é tamén de arco apuntado, cunha arquivolta adornada cun bocel e apoiada sobre dúas columnas que teñen por base dous capiteis de mármore, que algúns autores consideran de orixe romana. O tímpano é liso, apoiándose sobre ménsulas esculpidas, unha delas semellando a figura dun frade. E posible que a escultura de pedra que agora está dentro da igrexa, entrando á dereita, ocupase noutro tempo este tímpano.

Tanto na parte sur coma no testeiro da igrexa aparecen contrafortes que axudan a reforzar os muros. Na parte sur, entre dous contrafortes, ábrese unha porta de forma rectangular. Baixando unhas escaleiras e adosado a este mesmo muro está o sartego do párroco D. José Fondevila Martínez, falecido o ano 1874, benefactor do Santuario da Barca.

Nesta mesma banda da igrexa, no lugar onde se construíron uns nichos, atopábase a capela da Encarnación, derrubada non hai moitos anos. Esta capela de forma cadrada, cunha porta de arco semicircular, era unha obra do século XVI e foi fundada por Alonso García, veciño de Muxía.

Adosada ao muro norte, á que se accede dende o interior da igrexa a través dunha porta oxival, atópase a interesante capela do Rosario de estilo gótico, construída a finais do século XIV, de forma rectangular, cuberta con bóveda de crucería na que os seus arcos diagonais apoianse en cada esquina sobre ménsulas rematadas en fermosos capiteis."
From: www.concellomuxia.com/ga/web/index.php?mod=int&tip=3&lug=5


[EN]
"Built between the s. XIII and s. XIV. It has a nave basilica plan and gable roof. The facade has a cover with pointed archivolts and torus surrounded by nail heads, supported in bent columns in the jambs, which are based on two Roman marble capitals. There is a plain tympanum on carved corbels. Has altarpieces with images inside."
Translated from: (visit link)
Type of Church: Church

Status of Building: Actively in use for worship

Date of building construction: 01/01/1203

Diocese: A Coruña

Address/Location:
Muxia, Galicia SP


Relvant Web Site: [Web Link]

Date of organization: Not listed

Dominant Architectural Style: Not listed

Associated Shrines, Art, etc.: Not listed

Archdiocese: Not listed

Visit Instructions:
To log a visit to this waymark, you must post at least one original photo of the site, give the date and a brief description of your visit.
Search for...
Geocaching.com Google Map
Google Maps
MapQuest
Bing Maps
Nearest Waymarks
Nearest Roman Catholic Churches
Nearest Geocaches
Create a scavenger hunt using this waymark as the center point
Recent Visits/Logs:
Date Logged Log User Rating  
datenhamster visited Igrexa Parroquial de Santa María - Muxía, SP 12/11/2022 datenhamster visited it